1-O HOME COMO SER SOCIAL
Como moitas outra especies, o ser humano é un ser social. Como as abellas, as formigas, ou os lobos, o individuo humano crece, desenvolvese como tal no medio e coa axuda dos seus conxéneres.
Pero o ser humano non está atado aos seu instintos na mesma medida que os outros animais sociais. As abellas e os lobos manteñen a cohesión social efectuando labores e mantendo regras de relación programadas no seu código xenético. Non son normas libremente elexidas. As persoas, en cambio, debido a esta deficiencia instintiva, necesitamos para facer posible a nosa vida en sociedade, crear normas e institucións. Estas normas e institucións poden ser de formas variadas, pero a súa necesidade é incuestionable... Pero ¿é seguro isto? Só no caso de que necesitásemos realmente vivir en sociedade. O propósito desta lección é demostrar que ao ser humano non lle queda, de verdade, ningunha outra posibilidade
O home ten que vivir en sociedade para garantir a súa integridade física e supervivencia. Para que os homes vivan de xeito adecuado en sociedade, deben existir tamén unhas normas e institucións, xa que é a única maneira de garatir estos dereitos.
2- ¿QUÉ SON OS DEREITOS ?
As normas de conducta regulan e prescriben o que de feito podemos facer nunha sociedade dada, que ámbitos pertencen ao ámbito privado e cales ao público. Deste xeito coñecendo as regras dunha sociedade, coñecemos o que temo "dereito" a facer nela sen que ninguén nolo poida prohibir ou castigar.
A palabra dereito é unha palabra polisémica que usamos en varios sentidos:
Para referirnos a aquelas obrigas que a sociedade ou os outros nos deben
Para referirnos a aquelas cousas que podemos reclamar, pero que non debemos pedir obrigatoriamente.
Para nomear o conxunto de leis dun país...
As mesmas normas que regulan os nosos dereitos, definen cales son as nosas obrigas respecto á sociedade e aos membros desta. Nesta lección estudiaremos tamén de onde xurden as obrigas e que relación gardan cos dereitos. Na primeira parte veemos como se constitúen os dereitos e as obrigas nunha sociedade e nos preguntaremos acerca de si podemos dicir que outros organismos, ademáis do ser humano teñen dereitos
Debese distinguir entre asdistintas fundamentacións que se fan dos códigos socialmente establecidos, tanto morais como legais. Despois distinguiremos a fundamentación dos códigos morais e legais. Algúns códigos que se presentan a sí mesmos como válidos son, sen embargo, acusados de ilexítimos e son, por iso desobedecidos. ¿Pode unha norma ter validez pero non lexitimidade. Iso xustificaría a desobediencia á norma. É unha cuestión capital distinguir entón entre validez e lexitimidade. Ante esta cuestión distinguense, respecto aos códigos legais dúas posicións teóricas que se aclaran a continuación: iusnaturalismo e positivismo xurídico.
Preséntasenos a seguinte pregunta:
Según o que aparece no texto, ¿é legal sinónimo de lexítimo?
Non podemos considerar que legal sexa un sinónimo de lexítimo, xa que algúns códigos que están considerados legais, son, pola contra, acusados de ilexítimos.
En que casos deria lexítimo a desobediencia vicil?
A desobediencia civil está xustificada xa que xa se unha persoa non está dacordo non ten porque estar obrigado a actuar do modo que lle impoñen. Un exemplo desta situación é a eutanasia; se un enfermo terminal expresa o seu desexo a morrer; aínda que esté en contra, cu,mpre ca vontade do enfermo.
OS DEREITOS HUMANOS NAS DISTINTAS XERACIÓNS
Os dereitos humanos pódense clasificar nas distintas xeracións atendendo a distintos criterios:
Na primeira xeración deféndense os dereitos de liberdade e propiedade privada e a igualdade ante a lei, e dicir, os dereitos individuais. Deste xeito nesta xeración podemos incluír os dereitos civís e políticos, o estado; e o dereito a determinación, a unha vivenda digna…
Na segunda xeración deféndense os dereitos colectivos, polo tanto, aqueles relacionados coa educación, sanidade, a escravitude, ao benestar, o dereito ao traballo, os dereitos dos nenos, os dereitos económicos e sociais…
Na terceira xeración repóllense os dereitos relacionados coa igualdade na diversidade. Polo tanto, nesta xeración inclúense os dereitos a favor das mulleres, os homosexuais, os dereitos humanitarios, prevención e discriminación…
A MULLER NO ISLAM
En pleno corazón do mundo árabe desenvolveuse un movemento feminista que influíu en moitos especialistas.
Este movemento feminista lévanos a pensar que o Islam pode ser un modelo a seguir en canto a cambios na posición da muller, a pesar de que no Corán (libro sagrado dos musulmáns equivalente á Biblia cristiá) se atopen elementos que fagan referencia á inferioridade da muller. Tamén na mesma Biblia cristiá se atopan referencias deste tipo ( o feito de que a muller saise da costilla dun home fai referencia a que a muller depende do home).
A situación da muller árabe non é froito do machismo, senon da política autoritaria , interesada en manter a sociedade como estivo sempre (inmovilismo social).
Ante algúns deste movementos feministas surxiron reaccións de diferentes tipos: unhas apoiaban a inserción da muller na sociedade; pola contra, outros impuxeron algunhas condicións como levar o Hiyab (pano islámico que levan as mulleres de xeito que levan cuberto a maior parte do seu corpo). Os esteorotipos causados por levar esta prenda e por outras moitas causas, da lugar en moitos casos ó racismo no estranxeiro.
Moitos dos estereotipos frean a posibilidade de percibir algún cambio na sociedade islamista dando lugar a crises políticas e tamén económicas e culturais.
CONTRATO SOCIAL
O termo contrato social é empregado nos campos de filosofía, na ciencia política e na socioloxía en alusión a un acordo real ou hipotético realizado no interior dun grupo polos seus membros.
O contrato social, como teoría política, explica, entre outras cousas, a orixe e propósito do Estado e dos dereitos humanos.
A esencia da teoría de Rousseau é a seguinte: Para vivir en sociedade, os seres humanos acordan un contrato social implícito, que lles outorga certos dereitos a cambio de abandonar a liberdade da que dispoñerían en estado de natureza.
A teoría anunciada por Hobbes versaba no seguinte: os homes no estado de natureza ceden os dereitos individuais a un soberano a cambio de proteción.Unha frase del moi famosa é o home é lobo para o home, é decir que están todos en continuas pelexas, e fai polo tanto referencia á violencia que se lle atribue ós homes e por este motivo necesitan vivir nunha sociedade con leis.
Locke tamén elaborou unha teoría contractual pero en contraposición con Hobbes cría que cada home facía un contrato cos demáis para darlle o poder a un tipo de goberno, ó cal se lle podían retirar os seus dereitos se dito goberno abusaba do seu poder.
SEPARACIÓN DE PODERES
Montesquieu é un liberal do seculo XVIII que defende o liberalismo e un dos seus principìos básicos, a separación de poderes. O poder, segundo o liberalismo debe estar repartido e limitado para evitar o abuso e distingue tres poderes segundo a súa función e entre eles debe existir control e equilibrio, o lexislativo, o executivo e o xudicial.
O lexislativo e o máis importante porque se encarga de elaborar as leis que han de cumprir tódolos cidadáns. As asembleas lexislativas poden ser unha ou dúas (modelo unicameral ou bicameral) e reciben distintos nomes segundo os estados: en España no século XIX chámabanselle Cortes, en Inglaterra Parlamento. Estas asembleas representativas deben elaborar unha Constitución que é a lei suprema na que están recollidos tódolos principios políticos, organización do Estado, os dereitos e deberes do cidadán... Segundo a Constitución actual (1978) en España as Cortes ou institución lexislativa está formada por dúas cámaras (é un modelo bicameral), o Congreso formado por deputados/as e o Senado por senadores/as.
O poder executivo correspóndelle realizar o que dispoñen as leis (aplicalas) e estás representado polos gobernos, compostos polos Presindentes de Goberno ou Primeiros Ministros/as e Ministros/as. O Goberno español, segundo a constitución actal está formado por un Presidente do Goberno e os Ministros/as.
O poder xudicial correspóndelle facer cumprir as leis e está representado polos tribunais de Xustiza.
TEXTO 4--> DECLARACION DE DEREITOS HUMANOS
Preguntas y respuestas sobre el texto:
1_ ¿ Qué defende o positivismo xurídico ?
O positivismo xurídico defende que existan certos dereitos que dependen da convivencia do home en sociedade.
2_ ¿ Que quere decir que os dereitos humanos son dereitos naturais ?
Os dereitos humanos son dereitos naturais xa que se nos conceden desde o momento en que nacemos,un exemplo é o dereito a vida.
3_ ¿ Que problemas percibes para a implantación internacional dos dereitos humanos ?
Primeiro a declaracion de dereitos non e vinculante para todos os estados. E segundo que a declaracion de dereitos non se cumple en moitos paises porque as grandes potencias non prexionan a eses paises para que cumplan os dereitos.
4_ ¿ Caraterísticas dos dereitos humanos ?
Son inalienables: non poden ser cancelados nin outorgados por ningunha institución, pois son previos a elas. Pódese afirmar que existen aínda que non sexan recoñecidos.Son universais: posto que son válidos para calquera persoa, independentemente do lugar no que resida, posición social, relixión, raza, sexo e tamén do tempo no que se desenvolva a súa existencia.Son ideais: propóñense como orientación para a formulación dos distintos códigos legais nas distintas sociedades de xeito que quedan recollidos no dereito positivo.
5_ ¿ Qué quere decir ius naturalismo ?
Quere decir dereitos naturais
6_ Diferencias entre a fundamentación ética,teolóxica,política e historicista ?
Estes términos significan o seguinte:
A fundamentación ética intenta fundamentar os dereitos humanos acudindo á súa orixe.Está basada no ius naturalismo e consiste en afirmar que os dereitos humanos son válidos porque teñen a súa orixe nunha orde anterior á formación da comunidade humana.
A fundamentación teolóxica afirma que esa orde natural procede de Deus, que é o creador do home e da lei que define á súa natureza.
Fundamentacióm política desde apráctica política faise necesaria tamen da razón da validez e funcionalidade dos dereitos humanos
Fundamentación historicista entende que os dereitos humanos son o resultado das necesidades e valores de cada sociedade e cada época histórica.Fundamentación xurídico-historicista afirma que non existen dereitos previos á formación da sociedade, pois a sociedade a que proporciona e garante os dereitos.
ONU- Organización de Naciones Unidas.
OTAN- Organización do Tratado do Atlántico Norte.
SEATO-Tratado de Defensa Colectiva del Sureste .
Mercosur- MERcado COmún do SUR.
OUA- Organización para a Unidade Africana.
UE- Unión Europea.
Exercicio: membros de un xurado.
Deben ser de profesións distintas e os xéneros deben estar equilibrados para que non haxa preferencias por unha idea. Prioritariamente non se deben coñecer e deben ser de relixión e de etnias distintas.
por exemplo:
1- unha doutora
2- un enfermeiro
3- unha avogada
4- un profesor
5- unha escritora
6- un obreiro
7- unha dependenta
8- un camioneiro
9-unha cociñeira
10-un amo de casa
11- unha empresaria
12-un economista
EXERCICIOS:
1-Situación dun accidente
¿Que tipos de danos e provocan?
Debido a distracción de Xoán ó volante por mirar a unha modelo famosa que andaba pola rúa, non advirte que o semáforo se pon en vermello, polo tanto María debe frear bruscamente, razón pola que choca co parabrisas e comeza a sangrar e debido a ver isto a súa nai padece unha parada cardíaca. Pero os servicios de urxencia tardan por culpa de un pizza e de un partido de fútbol e polo tanto as consecuencias empeoran. E por último, a María roubanlle a carteira e a nai de María debe quedar no hospital 15 días, cando ela é a única fonte de ingresos na casa.
¿A quen ou quenes se lle poden imputar as consecuencias do suceso?
Se este caso fora ó xulgado a culpa botaríanlla a Maria porque debería ir atenta para non darlle ó coche de adiante por detrás. Pero en realidade Xoán comete unha imprudencia ó despistarse cando vai conducindo. Por outra parte, os servicios de urxencias se actuaran con rapidez as consecuencias serían menos e de menor grado. En resumo, non hai ningún culpable directo, senón que é un cúmulo de circunstancias.
¿Que tipo de castigo debería establecerse?
Como xa dixemos antes, se este caso fose os tribunais sairía perdendo María por chocar co vehículo que ía diante dela, aínda que se ela quixese tamén podería denunciar ós servicios de urxencias pola súa tardanza, pero sairía ela perdendo.
2-Investigación: O proceso xudicial e as súas fases.
1. ¿Cándo se considera que un acto é ilícito? Non todos os actos ilícitos son delito. Pensa nunha acción que a meirande parte da xente considere mala e sen embargo non sexa considerada delito ¿Cál é a razón de que non o sexa? ¿Cál é a característica esencial do delito? Pon un exemplo dun acto ilícito que sexa delito e un que non o sexa.
Un acto é ilícito cando moralmente non é correcto. Por exemplo, se imos andando pola rúa e nos atopamos a un indixente pedindo diñeiro porque non ten para comer e está morrendo coa fame, se non lle damos cartos nin de comer nin lle prestamos ningunha clase de axuda, non é considerado delito, sen embargo moralmente non é correcto. Este acto sería ilícito. A razón pola que este acto non é delito é porque non hai ningunha lei que diga que debemos axudar aos indixentes, que é a principal característica do delito. Por exemplo se imos conducindo pola estrada e atopamos un coche volcado no arcén, se non o axudamos estaríamos cometer un acto ilícito e ó mesmo tempo sería delito.
2. ¿En que casos da columna esquerda dirías que existe responsabilidade do suxeito que actúa nos resultados da acción?
Considero que existe responsabilidade do suxeito cando n alumno volta un libro roto á biblioteca por que o deixou tirado no patio e cando un conductor borracho atropela a un peatón cruzando nun semáforo.
¿De qué tipo sería esa responsabilidade? Consulta para iso a diferencia entre responsabilidade obxectiva e subxectiva e entre responsabilidade civil ou penal.
Un profesor deixa que os alumnos copien nun exame saindo da aula, pero só co propósito de voltar a entrar e acusalos de copiar no exame.--> Responsabilidade subxectiva.
Un alumno volta un libro roto á biblioteca por que o deixou tirado no patio.-->Responsabilidade subxectiva.
Todos os alumnos dun centro suspenden o exame de selectivo pois todos cometen o mesmo erro porque o profesor explicouno mal.-->Responsabilidade obxectiva.
A un conductor fallanlle os freos do seu coche e por ese motivo atropela a unha persoa que morre no acto.--> Responsabilidade obxectiva.
Un médico non é quen de levar a cabo unha operación por non dispor dos medios suficientes no hospital e o paciente morre.-->Responsabilidade obxectiva.
Un conductor borracho atropela a un peatón cruzando nun semáforo.-->Responsabilidade subxectiva.
3.¿Cómo da comezo un proceso xudicial?
O primeiro paso é a presentación da demanda, a continuación a contestación do demandado. Esta contestación pode ser de allanamento se está de acordo co que se lle solicita ou ben de oposición. Neste caso pode tamén demandar á parte contraria ou ben presentar argumentos en contra. A seguinte fase é a fase de proba que se van a facer valer a favor ou en contra da demanda. Por fin o xuíz, xurado ou tribunal pronunciará a sentencia.
¿Pode haber un proceso sen acusado? ¿de qué tipo?
Si, nos procesos contencioso-administrativos inicianse pola demanda dunha persoa física ou xurídica que sinte lesionados os dereitos que debían ter sido preservados polo estado. Neste caso o demandado é o propio Estado.
¿Cál é a función do fiscal nun proceso xudicial? ¿en calquera caso está presente o fiscal? ¿e a función do abogado defensor? ¿sempre ten que haber un abogado defensor? ¿pode mentir unha testemuña? ¿e o acusado? ¿pode a defensa ocultar probas? ¿e o fiscal?
¿Qué tribunal xulgarría cada un dos delitos seguintes?
A vulneración dos acordos dun contrato: proceso civil.
A queixa dun cidadán por un imposto excesivo:proceso contencioso-administrativo.
Un delito de roubo:
Un accidente de coche só con danos materiais e sen víctimas:proceso penal.
Se hai que repartir un pastel entre varios nenos, podense dar diversas razóns para unha distribución desigual. Un neno podería explicar que ten moita fame. Este é o chamado argumento da necesidade. Outro neno podería dicir que a nai prometeralle a metade da tarta: o argumento dos dereitos adquiridos. Un terceiro podería argumentar que traballou para a nai: o argumento a favor do mérito no sentido máis estricto (rendemento). En cuarto lugar, un neno podería dicir que merece un anaco máis grande por ser o primoxénito. Esta razón equivale a dicir que ten previamente un valor maior. Todas son, chegado o caso, razóns relevantes. Se non se puidese dar unha razón relevante, só quedaría o reparto igualitario. Non só se debe poder dar unha razón, senón que esta ten que amosarse tamén como relevante. Se un neno dixera que merece o anaco máis grande porque ten os ollos azuis, esto sería rexeitado por irrelevante (a non ser que se recoñeceran premisas adicionais). Tugendhat, E. Lecciones de ética. pax 356 Barcelona Gedisa. 1993
Cuestion:¿Que diferencia hai entre razón relevante e non relevante?
Só no caso de que se favorezca ós máis desfavorecidos se debería admitir as distribucións desiguais.A diferencia entre razon levante e non relevante e que a primeira é aquela que non só da unha razón, senón que esta ten que asomarse tamén como relevante , é decir que é aquel que di que ten previamente un valor maior. Un exemplo sería que no reparto do pastel entre varios nenosun dos nenos argumenta que a el lle debe dar un maior trozo porque el ten fame.Os argumentos ultilizados na razón relevante son diversos, como por exemplo:argumento de necesidade, dos dereitos adquiridos e de rendemento.
Pola contra, as razóns non relevantes son aquelas que non presentan ningunha razón ou argumento.Así, neste tipo de razón, o reparto entre tódolos nenos sería igualitario.Un exemplo deste tipo de razón sería por exemplo que a el lle debe dar un trozo maior por ter os ollos azuis, de forma que sería rexeitado por irrelevante.
Cando Aristóteles alabou a xustiza como primeira virtude da vida política, quixo suxerir que a comunidade que carecera de acordo práctico acerca do concepto de xustiza debía carecer tamén da base necesaria para a comunidade política. A carencia de tal base debe por tanto ameazar á nosa sociedade. (...) Posto que a virtude entendese polo xeral como a disposición ou sentimento que producirá en nos a obediencia a certas regras, o acordo sobre cáles sexan as regras pertinentes será sempre unha condición previa do acordo sobre a natureza e contido dunha virtude concreta. Pero, como xa suliñei na primeira parte deste libro, o previo acordo acerca das regras é algo que a nosa cultura individualista non pode asegurar. En ningunha parte esto se manifesta máis e tampouco en ningunha parte ten consecuencias máis ameazadoras que no caso da xustiza. A. MacIntyre. Tras la virtud. Pág. 300. Crítica Barcelona 2001.
Cuestións
¿A que concepto de xustiza estase a referir Aristóteles?
Aristóteles refírese á xustiza como algo imprescindible para a sociedade xa que unha comunidade debe establecer unhas normas para rexerse por elas.
¿Son compatibles as normas de convivencia co individualismo?
Non son compatibles xa que o individualismo tende a que cada persoa pensa independentemente sen pensar nas consecuencias sobre a colectividade, polo tanto non acepta ningún tipo de regras sobre a convivencia xa que lle da prioridade ós dereitos individuais.
A DEFINICIÓN DE XUSTIZA
Benjamin ConstantPreguntemos desde logo o que neste tempo entenden un inglés, un francés ou un habitante dos Estados Unidos de América pola palabra liberdade. Ela non é para cada un destes outra cousa que o dereito de non estar sometido máis cas leis, non poder ser detido, nin preso, nin morto, nin maltratado de ningún xeito, por efecto da vontade arbritaria de un ou moitos individuos, é o dereito de dicir a súa opinión de escoller a súa industria, de exercela, e dispoñer da súa propiedade, e aínda de abusar se se quere ir e vir a calquera parte sen necesidade de obter permiso, nin dar conta a ninguén dos seus motivos ou os seus pasos: é o dereito de reunirse con outros individuos, sexa para deliberar sobre os seus intereses, sexa para encher os días ou as horas da maneira máis conforme ás súas inclinacións e caprichos: é, en fin, para todos o dereito de influir ou na administración do goberno, ou no nombramento de algúns ou de todos os funcionarios, sexa por representación, por petición ou por consulta, que a autoridade está máis ou menos obrigada a tomar en consideración. Comparade entre tanto esta liberdade coa dos antigos.
Esta consistía en exercer colectiva pero directamente moitas partes da soberanía enteira; en deliberar na praza pública sobre a guerra e a paz, en concluir cos extranxeiros, tratados de alianza, en votar as leis, pronunciar as sentencias, examinar as contas, os actos, as xestións dos maxistrados, facelos comparecer ante todo o pobo, acusalos e condealos ou absolvelos. Pero, ao mesmo tempo que era todo isto o que os antigos chamaban liberdade, eles admitían como compatible con esta liberdade colectiva a suxeición completa do individuo á autoridade da multitude reunida. Non atoparedes neles case ningún dos beneficios e goces que vimos que formaban parte da liberdade nos pobos modernos. Todas as accións privadas estaban sometidas a unha severa vixiancia: nada se concedía á independencia individual nin baixo o concepto de opinións, nin no da industria, nin dos outros bens que indicamos. Nas cousas que nos parecen máis útiles, a autoridade do corpo social interpoñíase e mortificaba a vontade dos particulares. Terpandro non puido entre os espartanos engadir unha corda á súa lira sen que os éforos se disen por ofendidos. Aínda nas relacións domésticas máis ocultas tamén interveía a autoridade: un mozo lacedemonio non podía visitar libremente á súa nova esposa. (...)
Así, entre os antigos o individuo, soberán case habitualmente nos negocios públicos, era escravo en todas as súas relacións privadas. Como ciudadán decidía a paz e a guerra; como particular estaba limitado, observado e reprimido en todos os seus movementos; como porción do corpo colectivo cuestionaba, destituía, condeaba, despoxaba, desterraba e decidía a vida dos maxistrados ou dos seus superiores; pero como sometido ao corpo colectivo podía chegar tamén a ocasión de ser privado do seu estado, despoxado das súas dignidades, votado do territorio da república, e condeado a morte pola vontade discrecional do todo do que formaba parte.
Entre os modernos ao contrario, o individuo, independente na súa vida privada, non é soberán máis que en apariencia aínda nos Estados máis libres: a súa soberanía está restrinxida e case sempre suspensa; e se nalgunhas épocas fixas, pero raras, chega a exercer esta soberanía, faino rodeado de mil trabas e precaucións, e nunca maís que para abdicar dela. Constant, B., en Del espíritu de conquista ED. Tecnos, Madrid 1968, pp. 65-6
_-_-_-_-_-_-_
Neste texto de Constant explica o que entende el pola palabra de liberdade. Entende que o concepto liberdade inclúe dereitos da primeira xeración, e dicir, a liberdade de asociación, de opinión, de colaboración política, igualdade de oportunidades...
Aristóteles
Polo tanto, é evidente que a cidade non é unha comunidade de territorio para non prexudicarse a si mesma e polo intercambio. Isto ten que existir, se é que vai existir cidade; pero non porque se dea todo iso hai cidade, senón que é a comunidade para vivir ben de casas e familias, en orde a unha vida perfecta e autosuficiente. Agora ben, iso non existiría se non habitan o único e mesmo territorio e contraen matrimonios entre si. Por iso xurdiron nas cidades relacións familiares, fraternidades, festas e diversións para vivir en común. E tal cousa é froito da amizade. Pois a decisión de vivir en común es amizade.
O fin da cidade é, polo tanto, vivir ben, e todo iso está orientado a esa fin. A cidade é a asociación de familias e aldeas para unha vida perfecta e autosuficiente. E ista é, como dicimos, a vida feliz e boa.
Hai que supor, en consecuencia, que a comunidade política ten por obxecto as boas intencións e non só a vida en común. Por iso, a cantos contribúen en maior ou menor grao a tal comunidade, correspondelles unha maior participación na cidade que aos que en liberdade ou estirpe son iguais ou superiores, pero desiguais na virtude política, ou aos que sobresaen en riqueza, pero son inferiores en virtude. Pois ben, que todos os que discuten sobre os reximenes políticos falan só dunha parte do xusto, queda claro co dito. Aristóteles: Política.Pág. 124-125. Alianza Editorial Madrid 1986.
_-_-_-_-_-_-_-_-
Este texto que pertence a Aristóteles dinos de que unha cidade é aquela que ten unha convivencia en común con unhas mesmas costumes e celebracións. Polo tanto, cada unha delas defínese de unha maneira específica asique o concepto de cidade é utilizado para concienciar os cidadáns con fins políticos.
J.S. Mill
O sentimiento de xustiza, no que se refire a aquel dos seus elementos que consiste no desexo de castigar, é así tal como eu o considero, o sentimento natural de resarcimento ou vinganza, que o intelecto e a simpatía fai extensible a todos os prexuizos, é dicir, a todos os danos que se nos causan a nos ou a través de, ou en unión coa sociedade no seu conxunto. Este sentimento natural faríanos rexeitar dun xeito indiscriminado calquera cousa feita por outro que nos puidese resultar desagradable; empero, cando este sentimento fai moral mediante a incorporación dun sentimiento social, só actúa no sentido que ven determinado polo ben xeral, de tal xeito que as persoas xustas rexeitan os danos causados á sociedade, aínda que elas non resulten de ningunha forma lesionadas, e non rexeitan un dano que se lles cause a elas persoalmente, por penoso que sexa, sempre que sexa de tal tipo que a súa represión interese tanto á sociedade como a elas particularmente. J. S. Mill: El Utilitarismo. Pág. 115. Alianza Editorial. Madrid 1991.
ADELA CORTINA
_-_-_-_-_-_-_-_
Neste texto de J. S. Mill exponse que a maioría das persoas actúan según a situación, e non en favor da sociedade. Pero, unha persoa considerada xusta non soamente buscaría o ben para ela, senón que tamén o ben para a sociedade en xeral.
En principio, o comunitarismo ético contemporáneo constitúe unha réplica ao liberalismo, ou alo menos a certas variantes do mesmo que producen efectos considerados como indesexables: individualismo insolidario, desarraigo afectivo, devaluación das ligazóns interpersoais, pérda de identidade cultural, etc. Allen Buchanan resumiu as críticas comunitaristas ao pensamento liberal en cinco puntos: 1) Os liberais devalúan, descoidan e socavan os compromisos coa propia comunidade, sendo así que a comunidade é un ingredente irremplazable na vida boa dos seres humanos. O liberalismo minusvalora a vida política, posto que contempla a asociación política como un ben puramente instrumental, e por iso ignora a importancia fundamental da participación plena na comunidade política para a vida boa das persoas. 3) o pensamento liberal non da conta da importancia de certas obrigas e compromisos -aqueles que non son elexidos ou contraídos explicitamente por un contrato ou por unha promesa- tales como as obrigas familiares e as de apoio á propia comunidade ou país. 4) O liberalismo presupón unha concepción defectuosa da persoa, porque non é quen de recoñecer que o suxeito humano está instalado nos compromisos e nos valores comunitarios, que lle constitúen parcialmente a el mesmo, e que non son obxecto de elección algunha. 5) A filosofía política liberal exalta erroneamente a virtude da xustiza como "a primeira virtude das institucións sociais" e non se da conta de que, no mellor dos casos, a xustiza é unha virtude reparadora, só necesaria en circunstancias nas que de feito se quebra a virtude máis elevada da comunidade. Adela Cortina. Ética. Pág. 99. Akal. Madrid. 1996
_-_-_-_-_-_-_
Adela Cortina neste documento que debemos analizar sobre o comunitarismo ético contemporáneo elabora unha crítica ao liberalismo que propaga o individualismo. Allen Buchanan resúmeno nos seguintes en catro puntos:
1- Concibe a política como un ben para os negocios e non como un instrumento para a sociedade.
2-As persoas participantes deben ter un determinado nivel económico.
3-Calquera persoa que se instalara no poder se corrompería e os que se ocupan dos asuntos públicos son deshonrados.
4-A primeira virtude das institucións sociais é a xustiza segundo a filosofía política liberal, pero esta só é unha virtude reparadora precisa se se quebra a virtude máis elevada da comunidade.
J. RAWLS
O meu obxectivo é presentar unha concepción da xustiza que xeralice e leve a un nivel máis elevado de abstracción a coñecida teoría do contrato social tal como se atopa, digamos, en Locke, Rousseau e Kant. Para logralo, non debemos pensar no contrato orixinal como aquel que é necesario para ingresar nunha sociedade particular ou para establecer unha forma particular de goberno. Máis ben, a idea directriz é que os principios da xustiza para a estrutura básica da sociedade, son o obxecto do acordo orixinal. Son os principios que as persoas libres e racionais interesadas en promover os seus propios intereses aceptarían nunha posición inicial de igualdad como definitorios dos térmos fundamentais da súa asociación. Estes principios terán que regular todos os acordos posteriores; especificar os tipos de cooperación social que poden levarse a cabo e as formas de goberno que poden establecerse. Este xeito de consideralo chamreino xustiza como imparcialidade. J. Rawls: Teoría de la justicia. Pág. 28. F.C.E. México. 1985
_-_-_-_-_-_-_
Neste texto, J.Rawls preséntanos unha visión da xustiza que a eleve de xeito que presente un alto grao de abstracción. Debemos pensar nos principios da xustiza para a estrutura básica da sociade, e non só no contrato orixinal. Estes principios son utilizados polas persoas racionais e libres interesadas en promover os seus obxetivos e intereses propios. Estes principios son os reguladores dos acordos posteriores.
ORGANIZACIÓN DOS MODELOS DE RECURSOS E SENTENCIAS:
Modelo de reclamación [administración correspondente]
Contencioso administrativo
Tribunal supremo de xustiza
Recurso de alzada
No hay comentarios:
Publicar un comentario